Friday 10 de May de 2024

Da comezo en Foz e Viveiro a andaina do autobús da Campaña Outono Gastronómico 2023 que percorrerá as principais praias da costa galega ata o 5 de setembro


No autobús haberá un xogo de ruleta dixital que permite interaccionar co público, facilitando cada día dous premios de fin de semana Outono Gastronómico e 1.800 plantas de carballo autóctono Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2023.- Hoxe deu comezo en Foz a andaina do autobús promocional da campaña “17º Outono Gastronómico 2023” que percorrerá as principais praias da costa galega ata o 5 de setembro coa finalidade de captar o turismo estival para futuras viaxes outonais a Galicia.

No autobús promocional haberá un xogo de ruleta dixital que permite interaccionar co público, facilitando cada día dous premios de fin de semana Outono Gastronómico, e 1.800 plantas de carballo autóctono para vencellar o turismo rural co coidado e valorización do patrimonio natural de Galicia.

Cada persoa que se achega ao bus e participa nos sorteos se convirte nun colaborador da difusión da campaña xa que debe subir unha fotografía do bus ás súas redes sociais, etiquetando a Turismo de Galicia.